Escoitar

Actividades para os máis cativos na Biblioteca Central

Baixo o nome "Bibliocampamento 2004", a Biblioteca Central, situada no Casco Vello da cidade, organiza unha serie de actividades gratuítas de verán destinadas a nenos e nenas de 4 a 9 anos. O programa inclúe contos, xogos e manualidades.

mércores, 11 ago 2004
1092131867bibliocentral.jpg
O Biliocampamento 2004 nace como alternativa ao lecer estival, dada a escaseza de actividades dirixidas aos máis cativos na cidade. Así, os que participen nesta iniciativa lúdico-educativa da Biblioteca Central, poderán disfrutar de diversas actividades orientadas dende a lectura.

O programa desenvolverase en dous quendas; a primeira terá lugar os luns e mércores de cada semana destinado aos rapaces de 4 a 6 anos; e a segunda será os martes e xoves para os nenos de 7 a 9 anos. Extraordinariamente o venres 27 de agosto farase unha romaría popular con xogos.

O horario das actividades será de 10.30 a 12.15 horas e ofértanse 25 prazas para cada quenda.

A matrícula é gratuíta e pode realizarse na Biblioteca, sita na rúa Joaquín Yáñez 6, polas mañás en préstamos e polas tardes na sección infantil. Atenderase por orde de anotación.
Descargar todas as imaxes

Máis información