Escoitar

A compañía "Marimba Marionetas" achéganos á infancia dos contos tradicionais da man do seu espectáculo "Colorín, colorado"

O espectáculo do conxunto madrileño, dirixido para nen@s de 3 a 7 anos e para público familiar, terá lugar o xoves ás 20.00 horas na praza da Estrela, con entrada libre. Se continúan as inclemencias meteorolóxicas levarase a función ata o Auditorio Municipal, con aforo reducido.

xoves, 12 ago 2004
1092298084marimba.jpg
Marimba Marionetas, creada en Canarias en 1986, ten a súa sede en Madrid desde 1993. Ten 10 espectáculos no seu repertorio e conta cunha exposición de 150 marionetas: "Marionetas de Fantasía".

En realidade "Colorín, Colorado" trátase de dous coñecidos contos infantís unidos, nunha historia divertida e entrañable: "Los Tres Cerditos" e "El Patito Feo".
Descargar todas as imaxes