As compañías "Falcatrúa", "Galiot" e "Telón de azúcar" poñen o punto e final ao I Festival de Monicreques "Titirirúa"
A obra "Babalapa" será a encargada de pechar o Festival o vindeiro domingo 15 de agosto, dando así por finalizada a programación, incluída nas Festas do Cristo da Victoria, destinada aos máis cativos. Os diferentes espectáculos terán lugar na praza da Estrela ás 20.00 horas con entrada libre.
Falcatrúa
"A sorprendente historia do benfadado Mourellas"
Ao se alza-lo pano, un ancián titiriteiro recibe unha regañina das súas marionetas para que comece a función. O comediante accede aos desexos de títeres e público e inicia a súa laboura. Vemos unha escola na que os nenos xogan e estudian amosando as súas verdadeiras personalidades. Mourellas: coutado. Bisagra: estudioso e brilante. Arroutos: necia e arroutada. E, por último, Peneque: soberbio, egoista e manipulador.
Ao longo da obra veremos como a través dos anos as súas vidas se entrelazan e a onde os levan as súas actitudes e comportamentos.
Galiot
"Animalitos"
Aparece en medio da praza un triciclo e un contacontos, preocupado porque non atopa a chave que abre o seu baúl e pregúntao a todo o mundo. Quimet, un títere, levaralle uns libros de contos. Ao abrir o baúl atoparase cun gran dragón. Aparecerá un pozo triste e un capazo con nariz e Anna chegará a un pobo moi especial... deixemos que Quimet e o contacontos os presenten estas pequenas historias.
Telón de azúcar
"Babalapa"
En Babalapa combínanse títeres de gran formato con actores, xurdindo desa mestura un espectáculo cheo de aventuras cuio nexo de unión é Babalapa, un personaxe que percorreu o mundo enteiro e que nos fascinará coa súa tenrura e Verina co seu empeño por aprender a contar historias. Ambos reflexionan sobre o maravilloso mundo da linguaxe e das palabras simpáticas, antipáticas, imprescindibles, importantes... e sobre o dereito de todos a ser diferentes sen deixar de ser aceptados e respetados por iso.