Preto de 500 nenos participaron no Campamento Urbano "Xoga con Vigo"
Despois de doce días onde os máis cativos puideron disfrutar dun sinfín de actividades, a proposta lanzada dende a concellería de Xuventude dice adeus ata o ano que ven. Unha alternativa ao lecer estival dos pequenos que, a pesar do mal tempo, puideron sentirse verdaderos cidadáns vigueses.
O Campamento Urbano 2004 "Xoga con Vigo" despídese dos máis cativos con bo sabor de boca. Os preto de 500 nenos que participaron nesta proposta lúdico-educativa da concellería de Xuventude que preside Lucía Molares, en colaboración coas Asociacións Xuvenís Abertal e Xentenova, disfrutaron dunha chea de actividades durante un total de 12 días, aínda que moitas delas tiveron que suspenderse polo mal tempo, como a saída a Castrelos ou a Coia.
Co obxectivo de "ofertar un verán en Vigo sen sair de Vigo para que os máis cativos redescubran a cidade como cidadáns que son", o Campamento Urbano, que se clausura hoxe, definiuse como espacio aberto, libre e gratuíto.
Polas mañás, as actividades desenvolvéronse fundamentalmente coa estructura de grandes xogos de animación facendo uso do meirande número de espacios da cidade para a súa realización.
Polas tardes ofrecéuselles aos máis pequenos unha oferta libre de actividades nas que se incluiu o teatro, deportes, saídas por Vigo, obradoiros, música...
E todo baixo a convición de que "os nenos tamén se merecen actividades adaptadas a eles", para o que o campamento serviu á vez de plataforma de integración e alternativa ao tempo de lecer estival dos máis pequenos da casa.