O Goberno propón que o billete de autobús sexa gratuíto para os pensionistas que non superen o salario mínimo interprofesional
A partir do próximo ano, o transporte urbano será gratuíto para os pensionistas que non superen o Salario Mínimo Interprofesional. Así o anunciou a alcaldesa, Corina Porro, antes da reunión do Consello Sectorial de Transportes, na que se informou das novas tarifas para os billetes de autobús urbano e de taxi.
O Goberno local propuxo hoxe que a partir do vindeiro ano o prezo do billete do transporte urbano sexa gratuíto para os pensionistas que non superen o Salario Mínimo Interprofesional (pensionistas tipo II). Así o anunciou hoxe a alcaldesa, Corina Porro, antes da reunión do Consello Sectorial de Transportes, na que se informou das novas tarifas para os billetes de autobús urbano e de taxi.
O Goberno propón que dende o 1 de xaneiro de 2005, os pensionistas tipo II non paguen nada polo bonobús. Este colectivo representa a 4.553 persoas, e utilizou 567.000 bonobuses durante o ano 2004. A alcaldesa sinalou que espera que o número de bonobuses utilizados polos pensionistas de tipo II se duplique o vindeiro ano con esta nova medida.
O Goberno iniciou o pasado ano as medidas de gratuidade do bonobús para os integrantes deste colectivo. En 2004, os pensionistas tipo I –2.450 persoas-, con pensións non contributivas e cuns ingresos totais ao ano inferiores a 3.762 euros, tiveron o bonobús gratuíto. Ao longo do ano 2004, o número de bonobuses utilizados por estes pensionistas foi de 450.000, o dobre que no ano anterior.
A alcaldesa manifestou que coa aplicación da gratuidade do bonobús para os pensionistas tipo I e II o Goberno cumpre un dos seus compromisos electorais. Por outra banda, o prezo do billete do autobús urbano para o 2005 será de catro céntimos máis pasando de 0,91 a 0,95 euros, segundo a fórmula polinómica que establece o prego de condicións. O bonobús normal fixouse en 0,68 euros, e o universitario en 0,47 euros. A subida para as tarifas do taxi é a que corresponde ao IPC do transporte –o 5,9%. Deste xeito a baixada de bandeira será de 2,44 euros, e o suplemento a Cotogrande, de 2,12 euros.