Escoitar

Noites Vivas continúa ofrecendo actividades alternativas para os mozos e mozas

O programa Noites Vivas da Concellería de Cultura continúa ofrecendo actividades do máis diverso para que os mozos e mozas poidan gozar das noites dos venres e dos sábado. Internet, xogos de mesa, bailes latinos, breakdance, cociña e artes marciais son algunhas das propostas coas que se pretende que a xente nova se divirta dunha maneira sa e proveitosa.

venres, 17 dec 2004
Nas noites do venres e do sábado, o programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude oferta unha chea de actividades nas que poder participar de forma gratuíta.
Ademais, nas diferentes sedes de Noites Vivas regalaranse 70 invitacións o venres e outras 70 o sábado para patinar na recentemente estreada pista de xeo, que tamén patrocina esta Concellería, e que está situada na Praza do Rei.
A programación para esta fin de semana é a seguinte:

O venres:
- No Centro Xuvenil Municipal (rúa Uruguai, 9) haberá obradoiros de protocolo na mesa, de arranxos florais de Nadal, selfservice de coiro e chapas, acceso a internet e sala de xogos.
- No Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) se impartirán bailes latinos e breakdance, e como fútbol sala, musculación e squash.
- Na Asociación Xuvenil Cancerbero (Heraclio Botana, 6) se xogarán partidas de rol en vivo e de xogos de mesa coma o Risk ou os Descubridores de Catán.
- Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (rúa Marín,1) cociñarase un menú sorpresa de Nadal e tamén se poderá acceder a internet.
- A Asociación Veciñal Doutor Fleming (rúa Zamora, 80) porá en marcha un obradoiro de carteiras de cómics, un torneo de xogos en rede, acceso a internet e unha sala multiusos para quedar cos amigos e ver vídeos, tomar té, xogar ás cartas, etc.

Para o sábado, o programa Noites Vivas reserva os seguintes espazos:
- Centro Xuvenil Municipal (rúa Uruguai, 9) con dous obradoiros principais, un de repostería de Nadal, e outro de aromaterapia. Tamén se poderán realizar obradoiros libres (selfservice) de globoflexia e cestería ou acceder a internet.
- Pavillón do Berbés (Jacinto Benavente, 1) impartirán danzas do mundo e Aikido, un arte marcial xaponesa, un obradoiro de botica, baloncesto mixto, musculación e squash.

As actividades desenvólvense entre as 22:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, podéndose consultar máis información na Casa da Xuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org.