Escoitar

Vigolandia abrirá as súas portas en xaneiro coa temática "Deporte, Cultura e Integración"

Os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, o Ifevi será escenario da segunda edición de Vigolandia, un proxecto dirixido ao lecer de toda a familia e que pretende apoiar a labor social das institucións que loitan a favor dos discapacitados.

xoves, 16 dec 2004
1103206252vigolandia.jpg
O Parque de lecer Vigolandia, que abrirá as súas portas durante os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro no Ifevi, foi presentado hoxe no Concello coa presencia de tódalas personalidades involucradas no evento. Vigolandia é un proxecto que nace no ano 2004 coa finalidade de apoiar social e institucionalmente, por parte de empresas e estamentos da cidade de Vigo, a extraordinaria obra e labor social que veñen desenrolando algunhas entidades e asociacións ó longo da súa historia, a favor das persoas discapacitadas.

Trátase dun parque de lecer para toda a familia con actividades variadas e diversas para pequenos e maiores, que ten lugar no Instituto Feiral de Vigo, IFEVI, e que na última edición xa tivo unha ocupación de 12.000 m2 de superficie. Nesta segunda edición, Vigolandia ten como temática o "Deporte, Cultura e Integración".

O proxecto conta có apoio e a colaboración de institucións e empresas como o Instituto Feiral de Vigo, o Concello de Vigo a través da Concellaría de Festas e Animación Sociocultural, Caixanova , Coca-Cola, Fundación Celta de Vigo, Grupo Radio Vigo, Alcampo, Faro de Vigo, Telepizza, Renault Rodosa, Special Olimpics Galicia, Limpiezas Almi, Imprenta Feito e Tasoga entre outras moitas que apoian a súa celebración.

Taquilla benéfica

Os prezos das entradas serán de 3 euros para menores de 14 anos e 3 euros para o resto. Nesta segunda edición a recadación íntegra acadada nas taquillas destinarase ás seguintes Institucións Benéficas:

-Hoy Por Mañana
-Novas Rutas
-Madro
-Fundación Magar
-Fundación Igual Arte
-Apas "Saladino Cortizo"
Descargar todas as imaxes

Máis información