Escoitar

Inaugurada a carpa "De boa man", con productos elaborados polas asociacións de discapacitados

O mercado atópase no cruce da rúa Príncipe con Velázquez Moreno e como novidade, este ano poderanse ver aos artesáns traballando en vivo.

mércores, 15 dec 2004
1103122807merca.JPG
O concelleiro Ignacio López-Chaves acudiu hoxe á inauguración da carpa da campaña "De boa man", sita no cruce da rúa Príncipe con Velázquez Moreno, e que expón e vende os productos elaborados polos distintos centros de discapacitados da cidade. Coa participación de asociacións como Alento, Apamp, Aspanaex, Aspavi, Doa, Menela e San Rafael, a campaña "De boa man" ben sendo un referente e unha oportunidade para recoñecer os dereitos das persoas con discapacidade, así como para garantir a súa integración social e profesional, e a súa participación na vida da comunidade.

Os traballos que poden atoparse na carpa son todos elaborados a man, con materiais de primeira calidade e a precios realmente asequibles que oscilan entre o euro dos aneis ou algún colgante, e os 60 euros das hamacas. Así, poden encontrarse multitude de productos en coiro, figuras de cartón pedra, marcos, artigos de madeira decorados a man, xardiñería, cestos, roupa, centros florais, bombóns e marmeladas caseiras, tapices e un sinfín de productos propicios para regalar nestas datas cercanas ao Nadal.

Como novidade, este ano haberá xunto á carpa un taller onde se poderá apreciar o traballo en vivo dos artesáns.
Descargar todas as imaxes