O Concello achegará a sanidade aos vigueses a través das Unidades de Promoción da Saúde
Achegar a sanidade aos vigueses para promover hábitos saudables. Este é o obxectivo das Unidades de Promoción da Saúde, entidades que o Concello porá en marcha a partir do próximo ano en cada un dos tres distritos da cidade. Para informar os profesionais, técnicos e responsables deste ámbito, terá lugar mañá día 16 de decembro un encontro de análise no Instituto Municipal de Educación.
Representantes do Concello reuniranse mañá día 16 de decembro con profesionais, técnicos e responsables que traballan no campo da sanidade para analizaren a posta en marcha das Unidades de Promoción da Saúde (UPS). Neste encontro, que terá lugar no Instituto Municipal de Educación a partir das 9:30, tratarase de reflexionar sobre os obxectivos destas entidades, concibidas desde o Concello para a promoción de hábitos saudables.
Coa posta en marcha das UPS, que se prevé desenvolver a partir do próximo ano, o Concello quere implicar na mellora da calidade de vida dos vigueses os diferentes axentes relacionados coa sanidade nos distintos distritos, como son os centros de saúde, as entidades veciñais, os centros educativos e as asociacións de maiores ou de axuda aos drogodependentes. A programación das actividades que as UPS deberán realizar en 2005 determinarase a partir do Mapa de Necesidades e Recursos en Saúde, elaborado polo Concello.
Está previsto que as UPS contarán cun profesional encargado de desenvolver programas de promoción da saúde. Ademais, terán un responsable técnico para o deseño de actividades semellantes e complementarias nas diferentes zonas. As UPS poderán colaborar tamén na prevención do consumo de drogas, na resolución da problemática do "botellón", e na posta en marcha de iniciativas de saúde nos ámbitos escolar, comunitario e familiar.