O Concello de Vigo presenta o seu novo coche policial
O Concello de Vigo, a través da súa Concellería de Mobilidade e Seguridade, presentou hoxe o seu novo coche policial, equipado cun Sistema Móbil de Identificación de Vehículos. Este sistema permitirá sancionar nun tempo récord e sen erros os coches que estean mal aparcados na cidade.
O Concello de Vigo, a través da súa Concellería de Mobilidade e Seguridade, presentou hoxe o seu novo coche policial. O vehículo, un Citröen C2, cedido pola fábrica viguesa de PSA-Peugeot Citröen, está equipado cun Sistema Móbil de Identificación de Vehículos (SMIV), sistema que lle permitirá sancionar nun tempo récord e sen erros os coches que estean mal aparcados na cidade.
O SMIV permite a lectura de matrículas cun alto nivel de credibilidade na vía pública. Incorpora un GPS e un sistema cartográfico que lle permite localizar o vehículo nun tempo e lugar determinados con moita precisión e un GSM para remitir a información a bases de datos permanentemente actualizadas onde é contrastada e devolta en tempo real.
O vehículo, rotulado en galego e coas cores de Vigo, branco e vermello, ten unha capacidade de 350 procesos sancionadores en cinco horas. Leva incorporadas dúas cámaras dixitais que poderán detectar as matrículas dos vehículos mal estacionados nas dúas marxes das vías públicas. Dous axentes encargaranse do seu tránsito polas vías da cidade: un deles conducirá o coche e o outro será o encargado de transmitir as ordes ao sistema. A principal función deste coche será a detección dos vehículos mal estacionados nos carrís bus, na dobre fila e zonas de carga e descarga.
A alcaldesa, Corina Porro, dixo durante a presentación do coche que este será "unha fantástica ferramenta para que a policía local poida lograr unha maior fiabilidade". Corina Porro afirmou que o Concello quere facer "unha aposta decidida para poñer todos os medios para mellorar o tráfico nesta cidade".
A partir de hoxe e ata o vindeiro 17 de xaneiro as sancións impostas polo vehículo serán só disuasorias. En todo caso, os infractores recibirán un escrito informativo no que se lles indicará a infracción cometida.