Escoitar

Lucía Molares e Soledad Polo visitaron aos nenos nas cinco ludotecas municipais

Tras escoitar aos nenos e presenciar as súas actuacións, as concelleiras agasallaron a cada un deles.

martes, 4 xan 2005
1104847767agasalo.jpg
As concelleiras Lucía Molares e María Soledad Polo, fixeron hoxe un percorrido polas cinco ludotecas municipais de Vigo: Lavadores, Calvario, Coruxo, Pavillón de Deportes de Coia e Casa da Xuventude. Os rapaces que asisten ás ludotecas no período de Nadal mostráronse moi participativos coa visita das concelleiras. Amosáronlles os xogos e as actividades que realizan na ludoteca e falaron dos reis magos e do que lles van pedir. Ao final, o Concello agasallou a tódolos rapaces cun regalo.
Descargar todas as imaxes