mércores, 15 out 2008
Hoxe mércores deu comezo en Vigo o X Congreso e Exposición Internacional de Praias "Ecopraias 2008", tres días de relatorios e actividades que reúne na cidade a 113 representantes de 49 concellos e distintas empresas vinculadas coa xestión dos areais. O alcalde, Abel Caballero, inaugurou o Congreso, no que participará a edil de Medioambiente, Chus Lago.
martes, 7 out 2008
A concelleira de Medioambiente, Sanidade e Consumo, Chus Lago, presentou hoxe o Plan Saúde, unha serie de actividades que se desenvolverán nos nove distritos da cidade durante este 2008 e ao longo do próximo ano para potenciar os hábitos de vida saudables entre a poboación viguesa de todas as idades.
xoves, 25 set 2008
Nesta ocasión incorpóranse tamén rutas do Camiño de Santiago, explicou a edil Chus Lago. O programa ten como obxectivo por en valor os recursos naturais de Vigo, e se comezará con tres visitas ás ao Parque Nacional Illas Atlánticas. A concelleira salientou que na pasada primavera a iniciativa contou coa participación de máis de 8.000 vigueses

xoves, 25 set 2008
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este xoves o balance do servizo de socorrismo e salvamento nos areais vigueses na tempada de verán que remata. Neste ano non se recibiron nin incendencias nin anomalías na prestación do servizo nin se rexistraron queixas, cando nos tres veráns anteriores, as incidencias rondaban o centenar, explicou a edil.
xoves, 11 set 2008
Vigozoo recibiu durante o mes de agosto a 2.300 visitantes máis que o ano pasado acadando un total de 18.400 persoas que viron a gozar do parque. Este incremento do número de visitantes á nosas instalacións consolídase xa que vense superando durante os últimos cinco anos.

luns, 8 set 2008
O alcalde, Abel Caballero, e o conselleiro de Medioambiente da Xunta de Galicia, Manuel Vázquez, deron este luns por concluída a crise medioambiental derivada do incendio da fin de semana no polígono industrial de O Gorxal afirmando que as análises garanten "con rotundidade" que o río Lagares e Samil "recuperan o seu estado de normalidade", polo que no areal vigués ondeará hoxe a bandeira verde que a fai apta ao baño.

luns, 28 xul 2008
O vindeiro campamento en Vigozoo será o 29 e 30 de xullo e contará cunha altísima participación cun total de 19 participantes para un máximo de 20 prazas ofertadas. Un total de dous días cheos de actividades, obradoiros, manualidades, xogos, rutas, visitas guiadas e por suposto pernoctando en tendas de campaña dentro do propio parque cunha visita noctuna incluída.
luns, 28 xul 2008
A pintora ferrolá Carmen Martín leva un a ano e medio desenvolvendo a súa "Pintura en Acción" a través de toda a xeografía galega. En total 12 horas seguidas de pintura en vivo, coas que achega a arte a lugares nos que non é habitual. Para ella é unha meneira de achegarse tamén a novos espazos, novos temas e novas xentes que reflexa nos seus lenzos durante un día enteiro.

venres, 11 xul 2008
O vicepresidente de ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), José Palacios, reuniuse hoxe venres co alcalde de Vigo para trasladarlle as súas impresións sobre o estado dos areais da cidade. Palacios eloxiou a mellora do salvamento e o socorrismo con respecto ao ano pasado coa inclusión dun coordinador e salientou asemade o bo ritmo da recuperación dunar do Vao.

xoves, 3 xul 2008
O alcalde e os concelleiros procederon este xoves á presentación das seis bandeiras azuis outorgadas á cidade para este verán. Na tempada estival operarán 22 socorristas pola semana e 24 os fins de semana, 14 integrantes da sección Costa e Praia da Policía Local e 5 embarcacións de Protección Civil. A Cruz Vermella prestará asistencia en 8 areais vigueses.