Escoitar

O alcalde anuncia análisis municipais "cada dous días" das augas das praias de Teis afetadas polo verquido

Abel Caballero e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron este venres o único laboratorio municipal de Galicia, ubicado no soto do Concello, onde o alcalde anunciou que os técnicos municipais realizarán un análise cada dous días das augas dos areais de Teis afetados polo verquido de fuel orixinado en Redondela, para seguir garantindo a todos os cidadáns que as praias están en perfecto estado de uso".

venres, 11 xuñ 2010
1276259304laboratorio.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres que os técnicos do Concello realizarán "cada dous días" análisis da calidade das augas das praias de Teis, que víronse afetadas polo verquido de fuel orixinado en Redondela.

Pese a que a competencia en materia de augas é autonómica, o alcalde indicou que os diagnósticos da auga dos areais permitirán "seguir garantindo a todos os cidadáns que as praias están en perfecto estado de uso", unha vez Sanidade manifestou onte xoves que as augas son aptas para o baño. "Queremos ter a nosa propia garantía", apuntou Caballero.

O rexedor vigués eloxiou o traballo dos servizos municipais na limpeza contínua dos areais de Teis afectados polo verquido -A Punta, ETEA e Mende-; "deu bo resultado", aseverou, e indicou que na actualidade as praias continúan limpas de fuel.

O de Vigo é o único laboratorio de Galicia e "telo é unha garantía para todos os cidadáns", sinalou Abel Caballero, quen destacou a calidade técnica "extraordinariamente elevada" da instalación -que verase incrementada cunha nova máquina por valor de 60.000 euros que entrará en servizo este ano- e a cualificación profesional dos trece traballadores que alí desempeñan a súa labor.

Segundo explicou o socialista, o laboratorio do Concello realiza "análisis e mostras" periódicas para "garantir o bo funcionamento" dos servizos municipais. Caballero afirmou que entre as súas funcións están o análisis de augas -fontes, piscinas municipais, etc-, augas de mar se é preciso e alimentos.
Descargar todas as imaxes