Vigo recibe por segunda vez consecutiva o máximo galardón en xestión de residuos e limpeza urbana
O premio, que recoñece a mellora da xestión dos residuos e o aseo urbano, sitúa a Vigo entre as oito urbes españolas con dous ou máis Escobas de Platino. De carácter bianual, esta distinción -que xa foi concedida a Vigo en 2008- premia o "alto nivel de constancia e bo saber facer" da cidade en limpeza. Abel Caballero subliñou que ser merecedores novamente da Escoba de Platino amosa o "esforzo municipal na mellora constante" das nosas rúas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recolleu na tarde de onte xoves en Madrid a Escoba de Platino 2010, máximo galardón que recibe a cidade olívica por segunda vez consecutiva en recoñecemento á xestión de residuos e á limpeza da urbe.
No ano 2008, a última edición deste premio bianual, Vigo resultou acreedora da súa primeira Escoba de Platino, que agora repite polo "alto nivel de constancia e bo saber facer" da cidade olívica en materia de limpeza urbana.
Esta competición, organizada por ATEGRUS (Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente), busca "distinguir aquelas actuacións e traballos que se realizaron para mellorar ou defender a xestión dos residuos, a limpeza e o aseo urbano en xeral das cidades", segundo rezan as bases do concurso, claves polas que Vigo recibíu o seu máximo galardón.
Coa consecución da segunda Escoba de Platino, Vigo únese ao exclusivo grupo de oito urbes españolas que contan con dous ou máis premios nesta categoría, acompañando a A Coruña, Valencia, Bilbao, Cádiz e Pamplona -tamén con dous galardóns-, e a Oviedo e San Sebastián -que ostentan catro cada unha-.
Desde o pasado martes e ata este venres, o Parque Feiral Juan Carlos I de Madrid acolle un stand de material gráfico da cidade -fotos, vídeos, paneis de texto, etc- sobre a limpeza en Vigo, mostra pertencente ao concurso organizado por ATEGRUS, e documentación presentada ao concurso do que Vigo saíu vencedor na máxima categoría.
O alcalde, Abel Caballero, amosou a súa "satisfacción" pola concesión a Vigo novamente do máximo galardón en materia de limpeza urbana, que amosa o "esforzo que estamos a realizar no Concello cara a mellora constante das nosas rúas e o mantemento destas nas mellores condicións posibles".