Xesus López anuncia que a recadación do Festiclown se destinará ao I Festival de Pallasos en Palestina
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este venres, que a recadación da edición do Festiclown 2010, que se celebrará na nosa cidade na última semana de xullo, destinarase á organización do I Festival Internacional de Pallasos en Palestina no vindeiro mes de outubro. O concelleiro nacionalista afirmou que con esta iniciativa preténdese levar as risas a un lugar que sofre "un dos conflitos más vergoñentos do mundo"
"Síntome especialmente orgulloso de ter conseguido que o Festiclown se celebre en Vigo", manifestou o concelleiro de Cultura. Lembrou que hai anos o Festival de Pallasos levou as risas a Chiapas e felicitou á Cooperativa Cultural, colectivo impulsor e xestor de Festiclown, por estas iniciativas, nomeadamente a Iván Prado, o director do festival.
O I Festival e Pallasos en Palestina celebrarase do 25 ao 31 de outubro en colaboración co Circo Palestino de Ramala. Está previsto que nel participen representantes de diversas compañías galegas, chegando a superar a ducia de persoas que se trasladen á zona, entre organización e artistas.
Iván Prado, recentemente expulsado polo exército israelí ao tratar de entrar en Palestina, expresou os seus agradecemento ao concelleiro de Cultura polo seu apoio. "Chegamos a Vigo pola vontade do concelleiro e sei que temos un proxecto difícil de dixerir porque nos metemos nos lugares de máis conflitos", explicou.
Manifestou a estrañeza que lle causa o feito de que un dos estados máis potentes do planeta "teña medo dun pallaso", o cal ao seu xuízo acontece porque "os poderosos teñen medo da liberdade e de que unha persoa con nariz vermella diga a verdade". "Nós tamén temos centos de mortos ás nosas costas, pero son mortos de risa", comentou.
Descargar todas as imaxes