martes, 8 xuñ 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da convocatoria para mañá dun Pleno para a modificación das retribucións dos funcionarios do Concello e para validar a rebaixa do 15% nos soldos do alcalde e concelleiros. "Recoñezo o esforzo que fan os funcionarios do Concello", apuntou o primeiro edil, quen indicou que a aplicación do decreto do Estado permitirá á cidade aforrar 1.243.000 euros este ano.
martes, 8 xuñ 2010
Abel Caballero presentou hoxe martes dez novas máquinas de limpeza que contribuirán a manter os niveis de esforzo desenvolvidos nos últimos anos. Segundo apuntou o rexedor socialista a transformación cidadá levada a cabo coas humanizacións contribúen a crear unha cidade mellor que hai que manter en beleza cunha limpeza escrupulosa. A inversión das novas barredoras é de 1.173.000 euros.
martes, 8 xuñ 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o Concello vai modificar o Plan Económico Financeiro para incluir a diminución das retribucións dos funcionarios e a prohibición de endebedamento para o ano 2011, derivados do Real Decreto do Goberno de España. Os técnicos municipais non estimaron necesario a modificación do Plan pero a Xunta de Galicia "ten dúbidas", indicou Caballero, polo que cambiarase e a vindeira semana estará remitido ao goberno autonómico para a súa aprobación.