Escoitar

Abel Caballero avanza que o 15 de xuño darán comezo as humanizacións de 13 rúas por valor de 15 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local validou este luns o "último trámite administrativo" das humanizacións de trece rúas da cidade -Pi y Margall, López Mora e Pizarro entre elas- e das escolas infantís de Tomás Alonso e Casiano Martínez, cun investimento total de 15,2 millóns de euros. A aprobación dos plans de seguridade e saúde permitirán o inicio dos traballos o 15 de xuño.

luns, 7 xuñ 2010
1275913816humanizaciones.jpg
Inauguración da humanización de Sanjurjo Badía
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou para o próximo 15 de xuño o inicio dos traballos de humanización de trece rúas da cidade e dúas escolas infantís cun investimento total de 15,2 millóns de euros.

En rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, o socialista informou da validación dos plans de seguridade e saúde destas obras, "último trámite administrativo" previo ao comezo efectivo dos traballos.

Segundo detallou o primeiro edil, as melloras que viron hoxe luns luz verde son a humanización de Bolivia -entre Gran Vía e Panamá- e Padre Don Rúa (1.730.0000 euros), de Tomás Alonso -ata a Curva de San Gregorio- (1.234.000 euros), a de Celso Emilio Ferreiro -que inclúe a rotonda con Venezuela- (776.000 euros), a de Pi y Margall (3.112.000 euros), López Mora (3.572.000 euros), Pizarro -entre Isabel La Católica e Urzáiz- (2.052.000 euros), e as reformas de Santo Domingo, Condesa Casa Bárcena e San Salvador (1.413.000 euros).

Abel Caballero explicou asemade que o goberno local tamén aprobou o plan de seguridade e saúde dos traballos de adecuación para escola infantil de sendos edificios en Tomás Alonso e Casiano Martínez, cun investimento de 255.000 euros cada un.

O alcalde sinalou que, despois de dar "luz verde a obras por valor de 15.231.000 euros", tras o verán comezará unha segunda tanda de humanizacións de rúas, orzamentadas nas contas municipais para 2010.
Descargar todas as imaxes