Escoitar

O tenente de alcalde desexa éxito á delegación da Policía Local que participará en Valencia no Campionato de Europa

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibiu este venres á delegación da Policía Local que participará en Valencia a partir do domingo no Campionato de Europa nas modalidades de fútbol, atletismo, natación, ciclimo, volei praia, gymboxing e tenis. No acto, no que presentaron o equipamento deportivo patrocinado pola Tenencia de Alcaldía, o nacionalista desexou éxito á delegación viguesa, integrada por 30 policías locais, dos que 6 son mulleres.

venres, 4 xuñ 2010
1275656574policias.JPG
"Para nós é un orgullo que vaiades a representar á nosa cidade no Campionato de Europa e deades sensación de equipo", dixo Santi Domínguez aos participantes no campionato. Manifestou que na Tenencia de Alcaldía "estamos moi satisfeitos de que levedes o emblema" e expresou a súa confianza en que lles dará "moita sorte " e que á volta "o poidamos celebrar".

O tenente de alcalde explicou que a recepción tivo o obxectivo de "transmitirlles aos deportistas a satisfacción da cidade pola súa representación", sinalou. Respecto ao patrocinio do equipamento deportivo, indicou que o obxectivo de Tenencia de Alcaldía foi "colaborar para que tiveran todas as facilidades".

Por outra banda, salientou a importancia de que a delegación conte tamén con "representación feminina", tendo en conta que un dos obxectivos das áreas que coordina a Tenencia de Alcaldía é a loita pola igualdade en todos os ámbitos, entre os que figuran o laboral e o deportivo.
Descargar todas as imaxes