xoves, 3 xuñ 2010
O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, presentou este xoves un convenio que asinará co Colexio de Arquitectos para potenciar a tramitación dixital de licenzas na Xerencia de Urbanismo, que actualmente só supón un 10% do total. O edil explicou que, coa autorización do propietario, o COAG remitirá a documentación dixital ao Concello, procurando que "a tramitación sexa máis áxil" para poder conceder licenzas en tres meses.
xoves, 3 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este xoves a renovación dos acordos de colaboración con Érguete, Médicos do Mundo, Madro e Alborada por un importe global de 220.000 euros. Os concelleiros salientaron que este acordo ten o obxectivo de axudar a que estas catro entidades sigan desenvolven o seu traballo no eido da prevención das drogodependencias e a atención ás persoas con problemas de adiccións.
xoves, 3 xuñ 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este xoves que a Fundación Laxeiro pon en marcha o voluntariado da terceira idade para impulsar as visitas guiadas á colección permanente. Para participar nos percorridos, que poderán facerse en calquera día da semana, as persoas interesadas terán que poñerse en contacto coa Fundación a través do teléfono 986 438 475 ou mediante o correo fundación@laxeiro.es.
xoves, 3 xuñ 2010
A Fundación Vigo en Deporte presentou a súa memoria de actividades e económica do ano 2009, que pechou con balance positivo de 13.856 euros, o que permitiu a VIDE incrementar o seu patrimonio neto por segundo ano consecutivo, unha condición indispensable para a saúde económica da Fundación e para a consolidación das súas contas.
ADEAC designou onte mércores as bandeiras azuis, e Vigo suma unha con respecto ao 2009
xoves, 3 xuñ 2010
O areal de Figueiras, nas Illas Cíes, consegue para Vigo a oitava bandeira azul, premiando así a calidade e seguridade das praias viguesas, e convertendo a Vigo non gran concello de España con maior número destas distincións. Medioambiente amplía tamén este ano a presenza de socorristas a un total de once areais, dous máis que o pasado ano 2009. A mellora no salvamento e a oitava bandeira azul "refrendan a aposta que estamos a facer a prol dun servizo de praias de calidade", di a concelleira Chus Lago.
O alcalde visitou onte a dotación adicada aos máis pequenos
xoves, 3 xuñ 2010
Ademáis do parque, o goberno municipal levou a cabo outras labores coma a mellora da area axardinada por un valor de 2.000 euros. O novo espazo conta cunha superficie de 238 metros cadrados con zona de xogos perimetrada e con superficie amortiguadora de seguridade. O goberno ten previsto para este ano unha inversión de 4,2 millóns de euros para a creación de outros 40 parques na cidade.
xoves, 3 xuñ 2010
O edil Carlos L. Font reuniuse o mércores co comité organizador do evento para ter unha primeira toma de contacto. A convención médica celébrase este ano en Bilbao e despóis de Vigo pasará por Málaga. A cita move arredor de 2.000 persoas. Os membros do comité visitaron o Auditorio vigués e quedaron abraiados pola marcha dos traballos e a capacidade das instalacións.