Escoitar
O alcalde visitou onte a dotación adicada aos máis pequenos

O Concello inviste 13.000 euros no parque infantil de Zamáns

Ademáis do parque, o goberno municipal levou a cabo outras labores coma a mellora da area axardinada por un valor de 2.000 euros. O novo espazo conta cunha superficie de 238 metros cadrados con zona de xogos perimetrada e con superficie amortiguadora de seguridade. O goberno ten previsto para este ano unha inversión de 4,2 millóns de euros para a creación de outros 40 parques na cidade.

xoves, 3 xuñ 2010
1275569185Parque.jpg
O alcalde de Vigo visitou onte o Parque Infantil de Zamáns no que o Concello investiu preto de 13.000 euros. Así o asegurou o rexedor municipal quen explicou que a nova dotación ocupa unha superficie de 238 metros cadrados nos que ademáis de elementos de xogos infantís- coma un xogo múltiple, columpios diferenciados de nenos e bebés, e xogos de molles- perimetrouse toda a area con valo de galvanizado pintado en cores distintas. Deixouse aceso con sistema antican e instalouse unha superficie amortiguadora de seguridade acorde coa normativa vixente.

Outra das labores levadas a cabo foi a mellora da area axardinada coa prantación de árbores ornamentais, traballos de poda destas árbores e arbustos e o perfilado das areas do céspede.

Ao longo do mandato o goberno municipal ten creado e reformado un centenar de parques infantís e precisamente este ano hai un investimento previsto de 4,2 millóns de euros para a creación doutros 40 parques en toda a cidade.
Descargar todas as imaxes