Escoitar

Chus Lago asegura que o Concello está a actuar onde é necesario para limpar os restos do verquido á Ría de Vigo

A concelleira de Medioambiente explicou este xoves que desde o momento de detección do verquido á Ría de Vigo -onte mércores-, o seu departamento está a coordinar as labouras de seguemento e limpeza dos areais afectados. Onte e hoxe xoves veñen traballando preto de medio centenar de efectivos municipais e mantéñense pechadas as praias de Mende e A Punta, en Teis.

xoves, 3 xuñ 2010
1275568670chus.jpg
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, asegurou este xoves que o Concello está a actuar desde onte alí onde é preciso para limpar os restos do verquido de fuel á Ría de Vigo.

Preto de medio centenar de efectivos veñen traballando desde o primeiro momento no seguemento da mancha e na limpeza dos areais que víronse afectados, en particular Mende e A Punta, en Teis, que permanecen pechadas ata que Augas de Galicia garanta a calidade das augas.

Os inspectores municipais pecorreron todas as praias de Vigo, que presentan estado óptimo para os bañistas salvo as dúas precintadas en Teis, onde estanse a realizar continuamente traballos de limpeza e recuperación do areal.

Segundo indicou Chus Lago, os preto de 50 operarios que veñen traballando nesta situación desde onte ata a actualidade pertencen a distintos servizos municipais, como a Unidade Medioambiental da Policía Local, Protección Civil, efectivos do departamento de Limpeza e técnicos da Concellería de Medioambiente.
Descargar todas as imaxes