Escoitar

Urbanismo axiliza a concesión de licencias impulsando co Colexio de Arquitectos a tramitación dixital

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, presentou este xoves un convenio que asinará co Colexio de Arquitectos para potenciar a tramitación dixital de licenzas na Xerencia de Urbanismo, que actualmente só supón un 10% do total. O edil explicou que, coa autorización do propietario, o COAG remitirá a documentación dixital ao Concello, procurando que "a tramitación sexa máis áxil" para poder conceder licenzas en tres meses.

xoves, 3 xuñ 2010
1275568621marino.jpg
O concelleiro de Urbanismo, José Mariño, presentou hoxe xoves un convenio que asinará co Colexio de Arquitectos para axilizar a concesión de licenzas impulsando a tramitación dixital dos expedientes.

Segundo informou o socialista, a Xerencia de Urbanismo ven de dar luz verde ao texto de convenio de colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) para o "intercambio telemático de información", o que implica que, vía Internet, rexistraranse no Concello a documentación para a solicitude de licenzas.

José Mariño explicou que o Colexio de Arquitectos visa o 80% da súa documentación rexistrada dixitalmente, mentres que no Concello esta cifra queda no 10%, obligando a escanear os proxectos presentados en papel co conseguinte retraso.

O acordo estipula o intercambio de información entre o COAG e o Concello para a presenación de documentación. "A finalidade é conseguir que o 100% trámitese dixitalmente", apuntou o concelleiro, quen avogou por acadar "en breve" a cifra do 80% de visados electrónicos.

Para proceder ao intercambio telemático de información entre o Colexio e o Concello só será preciso a autorización expresa do propietario, eliminando así todo trámite en papel na Xerencia de Urbanismo. "Pretendemos que a tramitación sexa máis áxil", apuntou Mariño.

O socialista afirmou que este convenio forma parte dun "plan de choque" impulsado pola Xerencia de Urbanismo fai un mes para minimizar e eliminar as xestións impresas. O obxectivo do acordo co COAG é que, en dous ou tres meses, o Concello poida conceder a preceptiva licenza no plazo que marca a lei, un máximo de tres meses. Mariño recordou que co goberno anterior o prazo alongábase ata máis dun ano.
Descargar todas as imaxes