As praias de Vigo suman este verán oito bandeiras azuis, a cifra máis elevada nos últimos anos
O areal de Figueiras, nas Illas Cíes, consegue para Vigo a oitava bandeira azul, premiando así a calidade e seguridade das praias viguesas, e convertendo a Vigo non gran concello de España con maior número destas distincións. Medioambiente amplía tamén este ano a presenza de socorristas a un total de once areais, dous máis que o pasado ano 2009. A mellora no salvamento e a oitava bandeira azul "refrendan a aposta que estamos a facer a prol dun servizo de praias de calidade", di a concelleira Chus Lago.
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) -entidade encargada de entregar as bandeiras azuis nos areais de España- concedeu onte mércores a bandeira azul a un total de oito praias viguesas, a cifra máis elevada acadada nos últimos anos na cidade.
As oito distincións deste ano significan unha máis que as colleitadas o pasado ano -no que Vigo tamén recibira a "Distinción Temática en Salvamento, Socorrismo e Primeiros Auxilios" pola mellora e calidade destes nos areais vigueses, valorando especialmente a coordinación dos servizos e o incremento do investimento- e dúas bandeiras máis que no ano 2008.
Deste xeito, os areais galardoados coas bandeiras azuis no termo municipal de Vigo son A Punta, Argazada, O Vao, O Tombo do Gato, Canido, Fontaíña, Rodas e Figueiras, as dous últimas nas Illas Cíes. Precisamente a distinción da praia de Figueiras supón a oitava bandeira azul de Vigo para este ano.
A edil de Medioambiente, Chus Lago, mostrouse "moi satisfeita" por ter recibido Vigo unha nova bandeira azul que "refrenda a aposta que estamos a facer a prol dun servizo de praias de calidade". Salientou a concelleira que este éxito supón "un estímulo para continuar na mesma liña de traballo, procurando a máxima calidade e seguridade do servizo de praias, e a mellor atención para a cidadanía".
A presenza dunha bandeira azul nunha praia recoñece e estimula o esforzo da entidade local por conseguir que a mesma cumpra determinados criterios de legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza e seguridade, así como que conte cunha información e xestión ambiental adecuadas.
Socorrismo
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe a socialista Chus Lago, decidíu asemade ampliar este ano o servizo de salvamento e socorrismo a un total de once praias, dúas máis que o pasado ano 2009.
Deste xeito, os socorristas municipais estarán presentes do 15 de xuño ao 15 de setembro nas oito praias con bandeira azul e tamén en Samil, en Saiáns e en O Agro (Bouzas).