mércores, 2 xuñ 2010
Na reunión do Padroado celebrada este mércores, o alcalde informou dos actos da celebración do Bicentenario da cidade, entre eles un selo conmemorativo, un sorteo da lotería e un billete de lotería especial. O festival aéreo tamén estará encuadrado nos actos dun bicentenario que Abel Caballero xa adiantou que será "moi austero".
mércores, 2 xuñ 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este mércores a nova campaña de turismo para este verán, que ten os obxectivos de facer que os visitantes que se achegan a Vigo teñan toda a información que precisen e que o servizo de turismo estea baseado na eficiencia e na calidade. O nacionalita salientou algunha das novidades da campaña, entre as que destacan o reforzo da páxina web, www.turismodevigo.org, como elemento de información aos visitantes e o programa "Vigo á carta".
mércores, 2 xuñ 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou hoxe a 40 edición do Día da Muiñeira e o XI Concurso de Ensalzamento do Traxe Galego, que se celebrarán o vindeiro sábado, 5 de xuño. O nacionalista sinalou que máis de 1.500 persoas participarán no acto central do evento, que terá lugar na Praza de Compostela ás 20.30 horas.
mércores, 2 xuñ 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou hoxe que a Pista Vermella do polideportivo das Travesas acollerá o vindeiro sábado, 5 de xuño de 9:30 a 14 horas, o IV Trofeo Concello de Vigo de Bádminton e o I Memorial Luis Miró. Na presentación do torneo, o nacionalista resaltou que serán más de cen deportistas os que participarán na proba, nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.