Caballero implica aos transportistas de mercancías da provincia no proxecto vigués de "cidade piloto" do coche eléctrico
Abel Caballero recibiu na mañá deste martes aos responsables da Asociación Provincial de Empresarios do Transporte Frigorífico e de Mercancías de Pontevedra, para coñecer en detalle e apoiar a iniciativa que impulsa Vigo para converterse en "cidade piloto" do coche eléctrico en España. O alcalde recordou que Vigo, integrada nesta entidade, ten "o transporte frigorífico por estrada máis importante de Europa".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, implicou este martes aos transportistas de mercancías da provincia no proxecto que Vigo lidera para converterse en "cidade piloto" do vehículo eléctrico.
Así o sinalou o socialista, quen mantivo hoxe unha entrevista cos responsables da Asociación Provincial de Empresarios do Transporte Frigorífico e de Mercancías de Pontevedra para coñecer en detalle e respaldar a iniciativa viguesa.
Abel Caballero subliñou a relevancia das entidades que aglutina esta organización, pois permite a Vigo ter "o transporte frigorífico por estrada máis importante de Europa".
Descargar todas as imaxes