Escoitar

O Concello e Aqualia rubrican un acordo de colaboración para actividades por valor de 93.000 euros

Abel Caballero, en representación do Concello de Vigo, e José Luis García Ibañez, director da delegación galega de Aqualia, asinaron este martes un convenio de colaboración para a realización de actividades de carácter lúdico e cultural na cidade por valor de 93.000 euros. O alcalde apuntou que, un ano máis, a empresa que xestiona o ciclo do auga na cidade colaborará nas propostas municipais para este verán.

martes, 1 xuñ 2010
1275394678aqualia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este martes un convenio de colaboración con Aqualia por valor de 93.000 euros para a realización de actividades na cidade olivica.

O alcalde vigués rubricou o convenio co director da delegación en Galicia de Aqualia, José Luis García Ibañez, polo que un ano máis a empresa que xestiona o ciclo de auga no municipio participará nos actos de carácter lúdico e cultural que organiza o Concello para este verán.
Descargar todas as imaxes