María Méndez anima á cidadanía a mercar en De Boa Man para potenciar a integración das persoas con discapacidade
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo hoxe un chamamento aos vigueses e viguesas a mercar na carpa de De Boa Man, que estará instalada na rúa de Príncipe ata o venres. Na visita que a edil do BNG realizou a De Boa Man este martes, salientou que mercar neste espazo é un xeito de "contribuír á integración social e laboral das persoas con discapacidade", xa que nel se poden adquirir produtos realizados polos integrantes de entidades que traballan no eido da discapacidade.
Segundo a concelleira de Benestar Social, é preciso afondar no obxectivo da integración, polo que felicitou á organización da campaña, xa habitual nesta rúa viguesa. A nacionalista salientou que De Boa Man é froito da colaboración entre a Concellería de Benestar Social e entidades como Alento, Apamp, Aspanaex, Aspavi, Cogami, Doa, Menela e San Rafael.
María Méndez explicou que os artigos expostos para a súa venda son elaborados por persoas con discapacidade ao longo do ano e que a súa presenza en Príncipe é unha forma de poñer de manifesto a capacidade destas persoas á hora de realizar un traballo. Asemade, fixo fincapé en que a calidade está presente en todos os produtos de artesanía, dende a cerámica, a madeira ou o coiro, ata os xoguetes, os cadros, a bisutería ou os xabróns.
Descargar todas as imaxes