As entradas para o concerto que David Bisbal ofrecerá no auditorio de Castrelos o 7 de agosto saen o martes á venda
As entradas para asistir ao concerto que David Bisbal ofrecerá o 7 de agosto ás 23 horas en Castrelos, dentro das Festas de Verán 2010, sairán o martes, 1 de xuño, á venda. Segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López, poñeranse á venda 3.500 entradas, e o seu prezo será de 8 euros na venda anticipada, a través do servizo Servinova de Caixanova e na Central de Espectáculos, e 10 euros na taquilla o mesmo día do concerto.
Na súa segunda actuación en Vigo, David Bisbal presentará o seu cuarto disco, "Sin mirar atrás". É un traballo no que funde pop pegadizo, rock vertixinoso, e baladas con ecos latinos e sureños e inclúe temas de moita forza e grandes doses de frescura. O espectáculo contará con 100.000 watios de son e 250.000 watios de luz, así como pantallas xigantes, co obxectivo de fomentar a interacción co público.
Dende o inicio da súa carreira artística, no ano 2002 tras o seu paso por Operación Triunfo, Bisbal ten organizado xa tres xiras mundiais exitosas e leva vendidos máis de 4 millóns de discos en España e América. Asemade, ten conseguido 31 discos de platino e 15 de ouro. Ademais, co seu primeiro traballo "Corazón latino", acadaou recoñecemento internacional e tanto co seu segundo traballo, "Bulería" (2004) como co terceiro "Premonición" (2007) foi número 1 de vendas.
Descargar todas as imaxes