Escoitar
Igualdade

Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas ou actividades de promoción da muller no ano 2010

<br />

venres, 28 mai 2010
A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 10 de maio de 2010, aprobou, entre outros asuntos "As bases reguladoras e a convocatoria específica de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas e/ou actividades de promoción da muller, no ano 2010".

O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais, contados desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A convocatoria publícase no BOP o 24 de maio de 2010, polo que, o derradeiro día de prazo para presentar a solicitude no Rexistro Xeral é o 14 de xuño.

As bases e os impresos para participar na convocatoria están na Oficina de Información do Concello ou pódense descargar a través da paxina web da Concellería de Igualdade: www.igualdadevigo.org