Escoitar

O pabillón das Travesas acolle esta fin de semana o Campionato de España de ximnasia acrobática

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este venres que o polideportivo das Travesas acollerá mañá e o domingo o Campionato de España de ximnasia acrobática. O nacionalista destacou a participación do club vigués Flic Flac, polo que animou á cidadanía a comprobar a espectacularidade dunha especialidade deportiva baseada na disciplina e o esforzo.

venres, 28 mai 2010
1275053485Ximnasia.JPG
Na presentación participaron o campión do mundo de ximnasia artística e técnico da Federación Española de Ximnasia, Jesús Carballo, o presidente da Federación Galega, José Manuel Estévez, e o entrenador do Flic Flac, Jorge Méndez. A todos eles o concelleiro de Deportes agradeceu a súa presenza, nomeadamente a de Jesús Carballo, polo seu palmarés. "É fundamental que os deportistas máis novos e novas teñan referentes preto nos que reflectirse", comentou Xabier Alonso ao respecto.

Jesús Carballo, pola súa banda, agradeceu o esforzo que se está a facer en Vigo a prol da ximnaisa artística e a acrobática e destacou que son disciplinas que precisan tempo, ademais medios, para acadar bos resultados. "Esperamos que toda a cidade veña a gozar do espectáculo", manifestou.
Descargar todas as imaxes