Escoitar

Abel Caballero anuncia adxudicacións definitivas para inversións por valor de 10 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local celebrada este venres validou as adxudicacións definitivas de obras de humanización como Pizarro, López Mora e Pi y Margall, dúas novas escolas infantís en Casiano Martínez e Tomás Alonso e o acondicionamento do carril bici da Avenida de Castelao, entre outras melloras, cun investimento total de 10 millóns de euros.

venres, 28 mai 2010
1275050595jgl.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres investimentos do goberno local en melloras da cidade por valor de 10 millóns de euros, validados pola Xunta de Goberno.

Abel Caballero valorou esta "segunda gran tanda de investimentos" do goberno de Vigo, que queda pendente da aprobación do Plan de Seguridade e Saúde para o inicio efectivo dos traballos.

Segundo informou o socialista, as obras adxudicadas inclúen a adecuación do carril bici da Avenida de Castelao, a canalización de pluviais de Santa Cristina, as novas escolas infantís de Casiano Martínez e Tomás Alonso, a conservación e revalorización dos xardíns do Castro e a mellora do entorno da igrexa e do centro Helios de Bembrive.

Ademais, tamén tiveron luz verde as humanizacións de Pizarro e outras tres rúas do entorno -Casa Condesa Bárcena, Santo Domingo e San Salvador-, Celso Emilio Ferreiro e a rotonda coa Praza do Rei, Doutor Cadaval -no tramo entre a Porta do Sol e López de Neira-, López Mora e Pi y Margall.

"Xa estamos no trámites administrativo dos 32 millóns de investimentos do orzamento municipal de 2010", apuntou o rexedor socialista, a falta de que a Xunta de Galicia valide a legalidade do Plan Económico Financeiro municipal.

O socialista defendeu o papel inversor das adminstracións públicas "empurrando do emprego e da marcha da economía da cidade", e salientou o papel que desempeña tanto o propio goberno municipal como o executivo central.
Descargar todas as imaxes