O Concello confirma que edificar un novo colexio na actual parcela do Altamar é viable e legal
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, insiste en que o proxecto duplica a actual capacidade do centro e adáptase a normativa vixente. A socialista dispón dun informe de Urbanismo que avala a legalidade da proposta e acusa á Xunta de que non ten "vontade" de construilo, e confirma que edificar un novo centro nos xardíns do Liste "non é unha opción". "Non sería bo facer edificios nas zonas verdes de Vigo", concluíu.
A concelleira de Educación, a socialista Laura López Atrio, garantiu hoxe venres que edificar un novo colexio na actual parcela do CEIP Altamar "e viable e legal".
A edil de Educación salientou que antes de facer a proposta aos pais, dirección do centro e asociación de veciños, pediu ao departamento de Urbanismo que estudiase "as posibilidades legais" para a proposta dun novo centro no mesmo edificio. O resultado, segundo explicou a concelleira, foi que éste sería non so viable e adaptado as normativas en vigor, senón que viría resolver os problemas de espazo duplicando a capacidade do centro actual.
"Pódese facer un novo colexio que se adapta ao Real Decreto no que se establecen os requisitos de centros educativos e sería un bo colexio", insistiu.
En calquer caso López Atrio está disposta a volver a reunirse con pais, dirección e asociación veciñal para expoñerlles o proxecto-estudio no queda patente "a legalidade, a viabilidade e a bondade do proxecto".
Zonas verdes
Tamén explicou López Atrio que edificar un novo centro educativo nos xardíns anexos ao Museo Liste "non é unha opción". "É a única zona verde dun barrio densamente poboado e con aglomeracións. Creo que non sería bo facer edificios nos xardíns de Vigo, e menos neste caso, no que se propón unha boa alternativa". Sobre esta proposta López Atrio puntualizou tamén que o Concello ten recibido centos de cartas, incluidas de pais de escolares, nas que "se reclama que non se edifique nestes xardíns".
Por todo elo a máxima responsable da concellería de Educación cinguiuse as dúas opcións que se propoñen; a ampliación do colexio na parcela actual ou a realización dun novo centro nas aforas da cidade, "ónde sí temos terreos".
En todo caso a socialista quixo poñer de relieve que "hai unha falla de vontade" por parte da Xunta. "Esto non é un xogo, non é unha cuestión política sinón unha solución a un problema educativo desta cidade".
Inversións da Xunta na cidade
Respecto das inversións da Xunta na cidade de Vigo, a concelleira responsable deste departamento cualificounas de "escasas". López Atrio indicou que "os centros necesitan coidados e non pode pasar tanto tempo sen os arranxos que precisan".
Esta concellería ten previsto un orzamento en Educación de 11 millóns de euros, nas que se inclúen inversións, mantemento de centros, gasto en escolas municipais e programas educativos.
Descargar todas as imaxes