Escoitar
Persoal

Bases para nomeamento interino de tres interinos en traballo social

<br />

venres, 28 mai 2010
Con data 11 de maio de 2010, a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, adoptou acordo polo que se aproban as bases de selección para o nomeamento interino por acumulación de tarefas de tres diplomados/as en traballo social.

As bases para consulta, atópanse no taboleiro de edictos da Casa do Concello, así como na paxina web municipal www.vigo.org.

O prazo de presentación de instancias que se realizará no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, será de catro días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio (rematará o día 2 de xuño do 2010).