O alcalde alabou a traxectoria educativa do IES de Teis, que cumpre este ano o seu 25 aniversario
Abel Caballero visitou este venres o Instituto de Educación Secundaria de Teis, que celebra este 2010 o seu 25 aniversario como centro educativo. A dirección programou xunto co alumnado diversas actividades para a xornada de hoxe, entre as que destaca unha feira con postos de estética, perruquería e informática elaborados e xestionados polos propios escolares.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, alabou este venres a traxectoria educativa do Instituto de Educación Secundaria de Teis, no ano de celebración do seu 25 aniversario.
Caballero alabou a "ensinanza gratuita de calidade" en Vigo e eloxiou a educación que ofrecen os estudos de secundaria, en particular debido a vocación e iniciativa do profesorado. O centro naceu en 1985 como Instituto de Formación Profesional ata transformarse no ano 1996 nos estudos de secundaria actuais.
A xornada de hoxe ven programada con distintas accións de conmemoración desta efeméride, entre as que destaca a feira que acolle o Instituto con postos de perruquería, estética e informática organizados e xestionados polo propio alumnado. Estas foron precisamente as ramas da Formación Profesional coas que naceu fai 25 anos, convertidas na actualidade en ensinanza de secundaria, de formación profesional, de bacharelato, PCPI e para adultos, entre outras disciplinas.
O alcalde valorou a capacidade de adaptación do centro, garantía do dinamismo que caracteriza o principio do século XXI. O interese do Instituto pola integración das novas tecnoloxías, pola innovación pedagóxica e pola integración con Europa a través de programas intencionais fan do de Teis un centro educativo que camiña cara a formación autónoma, permanente e europea da actual sociedade da información.