venres, 4 xuñ 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e de Cultura, Xesus López, presentaron este venres un certame de pintura que ten por obxectivo dar a coñecer os novos valores tanto de Vigo como de fóra da cidade. Os nacionalistas explicaron que para participar é preciso facer a inscrición ata o 13 de agosto, a listaxe definitiva farase pública o 27 de agosto, e do 3 ao 5 de setembro terá lugar unha exposición coas obras seleccionadas.
venres, 4 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibiu este venres á delegación da Policía Local que participará en Valencia a partir do domingo no Campionato de Europa nas modalidades de fútbol, atletismo, natación, ciclimo, volei praia, gymboxing e tenis. No acto, no que presentaron o equipamento deportivo patrocinado pola Tenencia de Alcaldía, o nacionalista desexou éxito á delegación viguesa, integrada por 30 policías locais, dos que 6 son mulleres.
venres, 4 xuñ 2010
O concelleiro de Cultura, Xesus López, anunciou este venres que Joan Manuel Serrat actuará no auditorio de Castrelos, o vindeiro 22 de xullo ás 23 horas, no marco da programación das Festas de Vigo 2010. O concelleiro nacionalista destacou que no seu concerto, o artista catalán presentará o seu último traballo "Hijo de la luz y de la sombra", no que pon música a poemas de Miguel Hernández no centenario do seu nacemento.
venres, 4 xuñ 2010
O concelleiro de Promoción Económica participou hoxe venres na presentación. A entidade financeira organiza, no marco de programa Incorpora da Obra Social e en colaboración do Grupo Incorpora Galicia, unha xornada sobre responsabilidade social corporativa e presenta aos empresarios vigueses a rede creada no marco deste proxecto, que incentiva a integración laboral de persoas con dificultades para atopar traballo.
venres, 4 xuñ 2010
O vindeiro domingo 6 de xuño, o Museo Quiñones de León desenvolve unha nova edición do programa para familias "Domingos de museo", que se celebrará baixo o título "O xogo da abstracción". Segundo salientou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, esta iniciativa é de carácter gratuíto e está dirixido a nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos