martes, 1 xuñ 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes que a vindeira semana comezarán os traballos de cimentación do edificio que albergará a nova Pinacoteca de Vigo. Na visita que realizou ao inmoble, na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e parte do equipo técnico encargado de desenvolver o proxecto, o nacionalista destacou que o obxectivo é que a obra estea rematada a finais deste ano e a principios de 2011 se realice o traslado das obras.
martes, 1 xuñ 2010
Abel Caballero, en representación do Concello de Vigo, e José Luis García Ibañez, director da delegación galega de Aqualia, asinaron este martes un convenio de colaboración para a realización de actividades de carácter lúdico e cultural na cidade por valor de 93.000 euros. O alcalde apuntou que, un ano máis, a empresa que xestiona o ciclo do auga na cidade colaborará nas propostas municipais para este verán.
martes, 1 xuñ 2010
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, presentou este martes a nova web que este departamento vén de poñer en marcha sobre a violencia de xénero, www.igualdadevigo.org/violencia. A edil do BNG destacou que esta nova ferramenta ten o obxectivo de achegar os recursos municipais e fomentar a comunicación coa cidadanía.
martes, 1 xuñ 2010
Abel Caballero recibiu na mañá deste martes aos responsables da Asociación Provincial de Empresarios do Transporte Frigorífico e de Mercancías de Pontevedra, para coñecer en detalle e apoiar a iniciativa que impulsa Vigo para converterse en "cidade piloto" do coche eléctrico en España. O alcalde recordou que Vigo, integrada nesta entidade, ten "o transporte frigorífico por estrada máis importante de Europa".
martes, 1 xuñ 2010
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo hoxe un chamamento aos vigueses e viguesas a mercar na carpa de De Boa Man, que estará instalada na rúa de Príncipe ata o venres. Na visita que a edil do BNG realizou a De Boa Man este martes, salientou que mercar neste espazo é un xeito de "contribuír á integración social e laboral das persoas con discapacidade", xa que nel se poden adquirir produtos realizados polos integrantes de entidades que traballan no eido da discapacidade.
martes, 1 xuñ 2010
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe aos integrantes dos clubs Sieiro e Flic-Flac que esta fin de semana subiron ao podio nas diferentes modalidades do Campionato de España de Ximnasia Acrobática e Tumbling. O nacionalista quixo felicilitar persoalmente a todos os ximnastas e tamén agradecer aos clubs o bo traballo que están a facer.
martes, 1 xuñ 2010
A Asamblea Xeral da ACTE visitou o pasado 29 de maio a cidade de Vigo, percorrido que inciouse cunha recepción ofertada polo alcalde, Abel Caballero, á comitiva. Posteriormente acudiron ao Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares, onte atópase TexVigo, para rematar a xornada cunha visita turística pola cidade olívica.
martes, 1 xuñ 2010
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, felicitou aos profesionais de Vigozoo por este nacemento. Trátase do primeiro nacemento con éxito dun voitre leonado dentro do Programa Europeo de Cría en Captividade de Especies Ameazadas.