Santi Domínguez anuncia o inicio da cimentación das obras da Pinacoteca, co obxectivo de que a obra remate a fin de ano
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este martes que a vindeira semana comezarán os traballos de cimentación do edificio que albergará a nova Pinacoteca de Vigo. Na visita que realizou ao inmoble, na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e parte do equipo técnico encargado de desenvolver o proxecto, o nacionalista destacou que o obxectivo é que a obra estea rematada a finais deste ano e a principios de 2011 se realice o traslado das obras.
Santi Domínguez explicou que esta nova fase da obra terá lugar tras o remate a semana pasada das catas arqueolóxicas, con resultados negativos, "o cal permite iniciar os traballos de desmonte das edificiacións e a cimentación", indicou. O tenente de alcalde sinalou que o eixo da actuación será a remodelación do Pazo de Arias Taboada, o máis antigo de Vigo, que permitirá realizar unha completa reestruturación dos espazos, que afectará fundamentalmente aos dous edificios anexos. Salientou que o proxecto, financiado con cargo ao Plan Feil e cun orzamento aproximado de 3 millóns de euros, "contribuirá á recuperación e dinamización da parte alta do Casco Vello".
Respecto á distribución dos espazos, explicou que a nova pinacoteca terá unha planta baixa e tres andares, unha entreplanta técnica e un cuarto andar que corresponde coa torre do pazo, que segundo Santi Domínguez será o "elemento máis significativo". No tocante á fachada, indicou que parte dela xa se está desmontando para a súa reutilización.
A planta baixa terá o seu acceso na fachada principal do pazo, albergará a recepción, o punto de encontro e terá dous espazos expositivos e unha galería. A seguinte planta acollerá a denominada sala nobre, que contará con tres salas expositivas e unha galería. O segundo e terceiro andar terán, cada unha delas, unha sala e unha galería. No soto, estarán os aseos e os espazos para o traballo do persoal. En total, a nova pinacoteca vai ter unha superficie construída de 1.542 metros cadrados e unha superficie expositiva de 1.475 metros cadrados.
O tenente de alcalde destacou que esta nova instalación cultural será unha das pinacotecas máis importantes de Galiza e permitirá sacar á luz moitas obras que hoxe non se poden expoñer no Museo de Castrelos por falta de espazo. "Os nosos pintores terán un espazo moi digno para amosar as súas obras", afirmou.
Santi Domínguez salientou que esta pinacoteca, xunto ao novo Centro Galego de Fotografía, así como os recuperados xacementos de Toralla e O Castro "completarán o plano museístico da cidade". Ao seu xuízo, ao remate desta lexislatura, os vigueses e viguesas "disporán dunha cidade que culturalmente non terá ningunha envexa do resto do Estado español". Destacou que o seu compromiso electoral de dotar a Vigo dun completo circuíto museístico, "está cumprido".
Respecto ás preguntas dos medios sobre o inicio da segunda fase das obras no Casco Vello, que comezaron hoxe, o tenente de alcalde destacou que o 2011 tamén "será o ano no que os vigueses e viguesas poidamos dicir que Vigo conta xa cun renovado Casco Vello". Afirmou que o seu compromiso electoral "está cumprido" co inicio desta segunda fase da renovación e humanización do Casco Vello. Santi Domínguez dixo que no seguinte mandato conseguirase o 100% da recuperación do barrio.
Descargar todas as imaxes