Nace en VigoZoo un voitre leonado
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, felicitou aos profesionais de Vigozoo por este nacemento. Trátase do primeiro nacemento con éxito dun voitre leonado dentro do Programa Europeo de Cría en Captividade de Especies Ameazadas.
Unha cría de voitre leonado (Gyps fulvus) naceu en Vigozoo, o pasado venres 21 de maio, despois dun período de incubación de 62 días. O ovo foi incubado artificialmente para evitar o abandono do niño por parte dos pais e asegurar un desenvolvemento adecuado da fase de incubación.
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, felicitou aos profesionais de Vigozoo por este nacemento, que "demostra o compromiso cos animais do centro, é moi difícil que este tipo de aves se reproduzan en cautividade, os esforzos mereceron a pena".
Os pais son aves irrecuperables para a vida salvaxe, e proveñen da rede andaluza de centros de recuperación de especies ameazadas (C.R.E.A.S.).
Este foi o terceiro intento de cría dentro das instalacións do Vigozoo nos últimos anos e cabe destacar que é o primeiro con éxito, cobrando maior importancia debido a que esta especie protexida está englobada dentro do Programa Europeo de Cría en Captividade de Especies Ameazas (E.E.P.).
O voitre leonado é unha das maiores rapaces da Península Ibérica, superando a aguia imperial ibérica. É unha das poucas especies de voitres que poden verse en Europa, xunto co voitre negro, o quebrantaosos e o alimoche. É unha ave planadora pois a penas move as ás no aire. Prefire levantarse sobre as correntes ascendentes de aire quente, pasando horas sobre o vento a procura de animais mortos dos que alimentarse.
Descargar todas as imaxes