Escoitar

Os grupos políticos acordan unha moción para estudar medidas que atendan ás mulleres prostituídas

Os tres grupos -PP, PSdeG e BNG- acordaron este luns instar ao goberno municipal a estudar medidas de atención ás mulleres prostituídas, para o que contará coa Mesa da Violencia recentemente constituída e co informe sobre o estado do Plan Integral de Liota contra a trata de seres humanos con fines de explotación sexual. Ademais, instase ao Concello a elimina a publicidade de clubs de alterne de espazos municipais.

luns, 31 mai 2010
O Pleno da Corporación municipal redactou e acordou unánimemente aprobar unha moción instando ao goberno local a estudar medidas que atendan específicamente ás mulleres prostituídas.

Segundo reza o texto -unha enmenda de substitución presentada a unha moción do PP sobre esta temática-, o Pleno insta ao goberno local a "estudar as posíbeis medidas de acción conxunta entre os distintos axentes que traballan contra a violencia de xénero na nosa cidade atendendo aos problemas específicos das mulleres prostituídas".

A enmenda tamén clarifica que deberase contar coa Mesa da Violencia presidida pola Concellería de Igualdade e co informe sobre o estado de situación do Plan Integral de Loita contra a trata de seres humanos con fines de explotación sexual, coordinado polo Ministerio de Igualdade a través do Instituto da Muller.

Un segundo punto do acordo estipula que o Concello ha de "eliminar a publicidade de clubs de alterne e outros locais nos que se exerza a prostitución en ningún panel informativo, medio de transporte público ou calquera lugar de competencia municipal".

Máis mocións
O Pleno da Corporación de Vigo, na súa orde do día, debatirá e votará sendas mocións do grupo municipal do PP relativas á Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, ao manifesto "Galicia ten Dereito", ao uso da parlamentaria Rosa Díez da verba "gallego" e ao rescate dos aparcadoiros de Porta do Sol e Praza de Portugal.

A sesión plenaria, que deu comezo este luns ás 9h, aínda non tiña concluído coas mocións previamente expostas á edición deste xornal dixital, ás 15 horas da tarde deste luns.