luns, 31 mai 2010
Os tres grupos -PP, PSdeG e BNG- acordaron este luns instar ao goberno municipal a estudar medidas de atención ás mulleres prostituídas, para o que contará coa Mesa da Violencia recentemente constituída e co informe sobre o estado do Plan Integral de Liota contra a trata de seres humanos con fines de explotación sexual. Ademais, instase ao Concello a elimina a publicidade de clubs de alterne de espazos municipais.
luns, 31 mai 2010
Os tres grupos politicos ratificaron este luns no Pleno da Corporación a creación da biblioteca pública municipal "Xosé Neira Vilas", sita en Martínez Garrido, e a solicitude á Xunta de Galicia para que sexa integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia. A nova dotación cultural será encadrada na Concellería de Cultura do Concello de Vigo e contará con WIFI, servizos infantís e xuvenís e un espazo público multimedia.
luns, 31 mai 2010
Á proposta da Concellería de Mobilidade e co visto bo do PSdeG e do BNG, o Pleno da Corporación aprobou unha disposición complementaria para a regulación de turnos de descanso para os taxistas, que terán unha xornada de descanso para "mellorar a calidade de vida" destes e racionalizar o servizo acorde á demanda, indicou Calviño. O regulamento entrará en vigor en probas durante tres meses.
luns, 31 mai 2010
O prazo de inscrición para participar no programa "Verán Xove 2010" comeza o martes, 1 de xuño, e estará aberto ata o día 10 de xuño, segundo anuncia a Concellería de Xuventude. A documentación entregarase na Casa da Xuventude de 9 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas, e ademais da ficha de inscrición é preciso presentar a fotocopia do DNI do pai, nai ou representante legal do menor, o volante de empadroamento do menor, unha foto tamaño carné do rapaz ou rapaza e unha fotocopia da súa tarxeta sanitaria.
luns, 31 mai 2010
As entradas para asistir ao concerto que David Bisbal ofrecerá o 7 de agosto ás 23 horas en Castrelos, dentro das Festas de Verán 2010, sairán o martes, 1 de xuño, á venda. Segundo anunciou o concelleiro de Cultura, Xesus López, poñeranse á venda 3.500 entradas, e o seu prezo será de 8 euros na venda anticipada, a través do servizo Servinova de Caixanova e na Central de Espectáculos, e 10 euros na taquilla o mesmo día do concerto.