A Corporación da luz verde á regulación dos descansos dos taxistas de Vigo
Á proposta da Concellería de Mobilidade e co visto bo do PSdeG e do BNG, o Pleno da Corporación aprobou unha disposición complementaria para a regulación de turnos de descanso para os taxistas, que terán unha xornada de descanso para "mellorar a calidade de vida" destes e racionalizar o servizo acorde á demanda, indicou Calviño. O regulamento entrará en vigor en probas durante tres meses.
O Pleno da Corporación municipal validou este luns unha nova regulación dos descansos dos profesionais do taxi, que pasarán a ter unha xornada libre cada semana para "mellorar a calidade de vida" destes e racionalizar ao tempo o servizo.
O edil de Mobilidade, Xulio Calviño, indicou que mantivo varias reunións co sector e finalmente o 90% dos participantes na consulta aos taxistas amosáronse partidarios desta nova disposición, que entrará en periodo de probas durante tres meses.
Segundo resaltou o socialista, esta propista mellorará o servizo de taxis en Vigo, pois adecuará a demanda actual do servizo á oferta de vehículos existente. A Xunta de Goberno Local, para casos excepcionais, poderá acordar a suspensión temporal desta medida.
O PP solicitou a retirada deste punto da orde do día do Pleno para intentar acadar maior consenso entre os profesionais e tamén entre os grupos políticos con representación no Concello, alternativa que foi rexeitada polos grupos de goberno. O voceiro do grupo en materia de Mobilidade, Antonio Coello, criticou a "improvisación e falta de seriedade" do concelleiro do ramo e denuncia que é "moi malo" que o sector estea dividido sobre esta proposta.