xoves, 10 xuño 2010

Caballero amosa a súa "satisfacción" porque o Plan autonómico do Litoral se adapte ao Plan Xeral vigués

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou este xoves a súa "satisfacción" porque a Xunta de Galicia teña aceptado a alegación do Concello ao Plan de Ordenación do Litoral, que solicitaba a retirada deste ou a súa adaptación á normativa local que marca o PXOM. O rexedor indicou que este é "un tema resolto" no que atinxe á cidade de Vigo e a Xunta "da a razón" ao Concello na súa alegación.

O alcalde inaugura o Nocturama, unha nova instalación de VigoZoo para observar especies nocturnas

xoves, 10 xuñ 2010

Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Medioambiente, Chus Lago, abríu este xoves formalmente o novo recinto disposto en VigoZoo para a observación de especies con hábitos nocturnos, o Nocturama. O Concello investíu 100.000 nesta nova dotación que simula a oscuridade durante o día, para que os visitantes poidan coñecer os comportamentos das especies nocturnas.

Santi Domínguez presenta "Artistas na rúa", que amosará en Castrelos o proceso creativo de cinco obras de arte

xoves, 10 xuñ 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, presentaron este xoves a proposta "Artistas na rúa, 3+2", enmarcada no proxecto artístico "Cidade de soños". Mediante esta iniciativa, cinco artistas executarán as súas obras de arte do 21 de xuño ao 4 de xullo no parque de Castrelos, de xeito que toda a cidadanía poderá contemplar o proceso de creación.

María Méndez destaca que as actividades de prevención do PLDA chegaron a 9.896 persoas, cun aumento do 100%

xoves, 10 xuñ 2010

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo balance este xoves das actividades de prevención de drogodependencias que desenvolveu no último ano o Plan Local de Drogas e outras Adiccións. A edil do BNG salientou que 9.896 persoas participaron nestas iniciativas, levadas a cabo sobre todo nos centros escolares pero tamén nos eidos de xuventude, muller, cultura e deporte. A cifra supón un incremento de máis do 100% respecto aos participantes do ano anterior, cifrada en 5.102.

O tenente de alcalde anuncia que o campo de Navia se inaugura o domingo co Celta-Deportivo de veteranos

xoves, 10 xuñ 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron este xoves o novo campo de fútbol municipal de Navia co obxectivo de ver "os últimos retoques antes da súa inauguración" o vindeiro domingo. Na visita, o tenente de alcalde anunciou que o novo campo será estreado ás 12 horas cun partido "moi atraínte para os efeccionados e afeccionadas", como o que disputarán os equipos de veteranos de Celta e Deportivo.

Xabier Alonso presenta o Campionato de España de Patiñaxe de Velocidade que se celebra esta fin de semana

xoves, 10 xuñ 2010

Vigo recibirá, por primiera vez, esta fin de semana o Campionato de España de Patinaxe de Velocidade, unha modalidade "descoñecida na cidade pero que é espectacular", explicaba Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, durante a presentación do evento. A pista que circunda o campo de fútbol das Travesas será escenario do evento. O circuíto ten unha corda de 328 metros e un chan de asfalto. Este venres será a xornada de adestramentos, e sábado e domingo, a competición.