Santi Domínguez asegura que coa Subida ao Castelo remata a primeira fase da recuperación da zona alta do Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores o investimento de máis de 183.000, con cargo ao Plan Feil 2010, para a reforma da Subida ao Castelo e a súa extensión cara a rúa Hortas, na parte alta do Casco Vello. Durante a visita que realizou á zona, na que tamén participou o concelleiro de Cascos Históricos, Eudosio Álvarez, destacou que con esta obra remata a recuperación do entramado viario da zona alta do Casco Vello.
Santi Domínguez explicou que as obras na Subida ao Castelo e a súa extensión na rúa Hortas inclúen a renovación do pavimento e dos servizos fundamentais "dunha das zonas máis deterioradas" do barrio, así como o soterramento das vías de abastecemento de auga, incrementando a capacidade da rede de sumidoiros, a renovación dos colectores de saneamento e a separación das augas pluviais.
Tamén se acometerá a implantación do subministro de gas e a renovación do alumeado público, mediante a instalación de luminarias de elevado rendemento e lámpadas de baixo consumo, para impulsar o aforro e a eficiencia enerxética. A actuación inclúe igualmente a mellora do acceso das redes de telecomunicacións, antes inexistentes.
"Con estas melloras continuamos co noso obxectivo e intento de recuperación integral do Casco Vello", asegurou o tenente de alcalde. As obras teñen un prazo de execución de dous meses, o que supón, segundo o nacionalista, que toda a parte alta quedará rematada na rehabilitación da súa superficie "a un ano de que remate a lexislatura".
Descargar todas as imaxes