O Concello modificará o seu Plan Económico Financeiro para adaptalo ás medidas do Goberno contra o déficit
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o Concello vai modificar o Plan Económico Financeiro para incluir a diminución das retribucións dos funcionarios e a prohibición de endebedamento para o ano 2011, derivados do Real Decreto do Goberno de España. Os técnicos municipais non estimaron necesario a modificación do Plan pero a Xunta de Galicia "ten dúbidas", indicou Caballero, polo que cambiarase e a vindeira semana estará remitido ao goberno autonómico para a súa aprobación.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este martes que o Concello vai modificar o Plan Económico Financeiro municipal para adaptalo ao Real Decreto para a reducción do déficit do Goberno de España.
Abel Caballero recordou que os técnicos municipais non estimaron necesario cambiar o documento, que xa foi aprobado polo Concello e está pendente de validación por parte da Xunta de Galicia, pero o goberno autonómico "ten dúbidas" ao respecto, polo que o goberno local levará adiante este "axuste administrativo".
A variación do Plan Económico Financeiro municipal atinxirá a dous aspectos, a inclusión das novas retribucións dos empregados públicos e a diminución de ingresos derivada da prohibición de endebedarse para o 2011.
Segundo informou o alcalde, a modificación do texto é sinxela e rápida, polo que agarda poder enviar o documento corrixido á Xunta de Galicia a comezos da vindeira semana, despois da aprobación do Pleno da Corporación.
Descargar todas as imaxes