O alcalde solicita formalmente ao Goberno de España a desaparición das deputacións nas grandes cidades
Abel Caballero informou este martes da remisión dunha carta ao Vicepresidente terceiro do Goberno de España, e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, solicitando a desaparición das deputacións do ámbito das grandes cidades. O alcalde argumenta que trátase dunha medida de aforro, xa que os concellos xestionarían as competencias e os recursos con máis eficacia e evitaría a duplicidade administrativa.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes o envío dunha carta ao vicepresidente do Goberno de España e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, na que lle solicita a desaparición das deputacións do ámbito das grandes cidades.
O socialista informou en rolda de prensa desta iniciativa para "seguir contribuindo ás medidas de aforro" plantexadas polo Goberno de España, unha proposta formal que contemplaría que os grandes concellos asumirían as competencias e os investimentos das entidades provinciais atendendo á poboación.
Esta opción implicaría unha maior eficiencia na xestión dos recursos e non tería custe adicional, xa que a propia estrutura dos concellos o absorbería. O alcalde estima que suporía un aforro para as arcas do estado ao eliminar estrutura das deputacións e evitar duplicidade administrativa.
Abel Caballero afirmou que o orzamento da Deputación de Pontevedra deste ano ascende a 153 millóns de euros e España suma na actualidade preto de medio centenar de organismos provinciais, polo que a proposta é unha "contribución ao aforro e á mellora do funcionamento da administración".
"É o momento de tomar esta decisión", aseverou o alcalde, xa que o Goberno de España está a adoptar "decisións valentes". Caballero apuntou tamén que o sistema administrativo español leva 30 anos "arrastrando este problema".
Descargar todas as imaxes