O alcalde afirma que Vigo quere optar a ser unha das tres cidades máis limpas de España
Abel Caballero presentou hoxe martes dez novas máquinas de limpeza que contribuirán a manter os niveis de esforzo desenvolvidos nos últimos anos. Segundo apuntou o rexedor socialista a transformación cidadá levada a cabo coas humanizacións contribúen a crear unha cidade mellor que hai que manter en beleza cunha limpeza escrupulosa. A inversión das novas barredoras é de 1.173.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe que Vigo quere optar a ser unha das tres cidades máis limpas de España. O rexidor fixo o anuncio tras presentar dez novas máquinas de limpeza adquiridas pola empresa concesionaria e que supuxeron unha inversión de 1.173.000 euros.
O socialista Abel Caballero lembrou o camiño que ven percorrendo o servizo de limpeza na cidade e cualificouno como un "proceso de mellora contínua"; de aí a aposta firme por optar a un galardón que recoñece os esforzos neste eido. "Queremos que Vigo sexa un exemplo de limpeza en España", destacou o rexidor local e "creemos que a limpeza está indo ben, que cada vez se mellora máis o estándar de capacidade".
Segundo apuntou o alcalde á inversión das dez novas máquinas presentadas hoxe martes, uniránse outras que permitirán manter os niveis de esforzo. Abel Caballero referiuse tamén aos traballos de humanizacións na cidade olívica que produxeron unha transformación cidadá e melloraron tanto a estética coma a valoración dos cidadáns. Así incidiu en que "a cidade é xa irreconocible e agora necesitamos mantela en beleza coa limpeza escrupulosa".
Para elo explicou que é necesaria a colaboración cidadá -recollida de excrementos, reciclaxe, non tirar papeis ao cha...- aínda que alabou o actual nivel de cooperación dos vigueses.
As barredoras
As dez unidades presentadas hoxe son as seguintes:
Dúas barredoras de bordillos e grandes superficies con 5,3 metros cúbicos de capacidade, insonorizadas e cun terceiro brazo de barrido e mangote despiración.
Tres barredoras para zonas peonís e beirarrúas anchas con 2 metros cúbicos de capacidade, insonorizadas e un terceiro brazo de barrido.
Tres barredoras para beirarrúas e zonas estreitas ou concurridas, unha fregadora para beirarrúas e zonas peonís que frega con auga e aspira e con 2 metros cúbicos de capacidade.
A inversión complétase cunha baldeadora e decapadora de superficies parea beirarrúas e zonas peonís.
Descargar todas as imaxes