A aplicación no Concello do Real Decreto contra a redución do déficit aforrará 1,2 millóns este ano
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes da convocatoria para mañá dun Pleno para a modificación das retribucións dos funcionarios do Concello e para validar a rebaixa do 15% nos soldos do alcalde e concelleiros. "Recoñezo o esforzo que fan os funcionarios do Concello", apuntou o primeiro edil, quen indicou que a aplicación do decreto do Estado permitirá á cidade aforrar 1.243.000 euros este ano.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou este martes en 1,2 millóns o aforro do Concello para este ano en aplicación do Real Decreto contra o déficit público, que contempla unha reducción media do 5% nos salarios dos funcionarios.
O socialista, quen recoñeceu "o esforzo que fan os funcionarios do Concello" na asunción desta "redución moi significativa" dos salarios, indicou asemade que o Pleno da Corporación que dará luz verde á aplicación da normativa estatal terá lugar mañá mércores.
O Pleno abordará a modificación das retribucións dos empregados públicos do Concello -cunha rebaixa media e progresiva do 5%- e tamén a rebaixa nun 15% nos soldos do alcalde e dos concelleiros dos tres grupos políticos con representación municipal.
Abel Caballero, que xa anunciara fai semanas a rebaixa do 15% da súa mensualidade, agradeceu ao resto de corporativos que adoptase a mesma medida, facendo de Vigo "a corporación de España que máis reduce os seus salarios".
Segundo detallou o alcalde ante os medios de comunicación, o aforro de 1.243.000 euros deste ano desglósase do seguinte xeito: 1.124.000 euros procedente dos preto de 1.500 funcionarios municipais, 96.000 euros dos cargos electos e 23.000 euros do persoal eventual.
O rexedor informou que os 1,2 millóns de euros aforrados este ano en aplicación do Real Decreto irán dirixidos á disminución da débeda do Concello, sobre o que Caballero recordou que Vigo é o gran concello menos endebedado de España.
Descargar todas as imaxes