Escoitar

Caballero asegura que Vigo é o primeiro Concello de Galicia en visar licenzas urbanísticas a través de Internet

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, asinaron este luns un convenio para rexistrar en Urbanismo vía Internet a documentación para a solicitude de licenzas. "Xa non circulará un só papel" dos arquitectos en Galicia no Concello vigués, co que a Xerencia "terá un tratamento moito máis rápido" axilizando así a concesión de licenzas.

luns, 7 xuñ 2010
1275913417coag.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou hoxe luns que Vigo é a primeira cidade de Galicia que poderá visar licenzas e tramitar documentación urbanística a través de Internet.

Así é posible desde a sinatura dun convenio entre o Concello e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), que tivo lugar hoxe luns. Segundo explicou o rexedor vigués, as solicitudes de trámites e licenzas urbanísticas aceleraranse mediante este acordo xa que "xa non circulará un só papel" na Xerencia de Urbanismo viguesa procedente de calquera arquitecto de Galicia.

Mediante este acordo co COAG, entidade que xa xestiona o 80% do total dos seus visados con documentación electrónica, o Concello "terá un tratamento moito máis rápido" na resolución da solicitude de licenzas. Vigo pasa a ser así o primeiro concello de Galicia en contar con esta tecnoloxía.
Descargar todas as imaxes