Escoitar

Santi Domínguez presenta "Artistas na rúa", que amosará en Castrelos o proceso creativo de cinco obras de arte

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, presentaron este xoves a proposta "Artistas na rúa, 3+2", enmarcada no proxecto artístico "Cidade de soños". Mediante esta iniciativa, cinco artistas executarán as súas obras de arte do 21 de xuño ao 4 de xullo no parque de Castrelos, de xeito que toda a cidadanía poderá contemplar o proceso de creación.

xoves, 10 xuñ 2010
1276173890Artistas.JPG
"Trátase dunha actuación na que convidamos a participar a cinco artistas, dos que hoxe nos acompañan catro deles", explicou Santi Domínguez. Os artistas son 3 homes e dous mulleres, 3 galegos e 2 portugueses: Álvaro de la Vega, Elena Gómez, Manuel Ferreiro, Rute Rosas e Paulo Neves, que hoxe non puido asistir á presentación por motivos de axenda.

O tenente de alcalde destacou que é unha "iniciativa pioneira" para que os vigueses e as viguesas podan contemplar nun lugar público o proxecto artístico dende o seu inicio. "Non se trata de ver o resultado final, que é o que acontece habitualmente, senón de coñecer e entender todo o proceso que implica a execución dunha obra", aclarou.

Santi Domínguez sinalou tamén que as obras rematadas pasarán a ser propiedade do Concello de Vigo e formarán parte dos xardíns do pazo Quiñones de León. Por outra banda, explicou en que consistirán cada unha das obras de arte. Dixo que Álvaro de la Vega elaborará unha obra titulada "Camiño ó bosque", con pedra e conglomerado asfáltico; Elena Gómez fará con formigón e mortero unha obra en tres pezas titulada "Construcción"; Manuel Ferreiro creará con granito rosa Porriño e diorita a obra "Libertad"; Paulo Neves empregará mármore portugués para realizar a obra "Anxo"; e finalmente, Rute Rosas fará unha obra de xardinería chamada "Camiñando", empregando terra, céspede e pletina de ferro.

O tenente de alcalde explicou que vencellada a esta actividade, o 8 de xullo terá lugar no auditorio do Marco, ás 20 horas, unha mesa redonda en torno ao diálogo da escultura e a natureza que contará coa participación dos cinco artistas.

Santi Domínguez destacou a importancia que ten esta iniciativa para estreitar lazos entre Galiza e Portugal a través do arte. Agradeceu aos cinco artistas a súa participación no proxecto, así como á Concellería de Patrimonio Histórico polo traballo que está a desenvolver na revitalización do patrimonio cultural. Lembrou, asemade, que "Artistas na rúa, 3+2" preséntase "tras o éxito de Pegadas de Fume", que deu lugar á primeira obra de arte colectiva de Vigo, no mural situado no palco de Castrelos e no que participaron máis de 2.000 persoas.

A artista portuguesa Rute Rosas agradeceu a invitación para participar no proxecto e expresou os seus parabéns pola elaboración do mural, proxecto que cualificou como "moi bo". Explicou que a obra que realizará tratará de ser "unha ligazón ao parque e unha crítica poética ao día a día".

Pola súa banda, Elena Gómez agradeceu ao Concello a confianza para participar no proxecto. Destacou que o feito de que o proceso de elaboración das obras sexa público "é todo un reto e moi interesante compartilo coas persoas que se acheguen", de xeito que calquera persoas poderá participar no proceso de creación.
Descargar todas as imaxes