Escoitar

A Concellería de Medioambiente prosegue coa campaña de sensibilización das tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar)

A concellería de Medioambiente sigue adiante coa campaña de sensibilización medioambiental das tres R (reducir, reutilizar e reciclar) que pretende mellorar a cidade facendo pequenas cousas. Segundo apunta a campaña todo é cuestión de actitude, de asumir costumes para contribuir a preservación o medioambiente.

xoves, 10 xuñ 2010
1276169594IMG_0264.jpg
A concellería dirixida pola edil socialista Chus Lago insiste en que é posible mellorar o futuro a través da reutilización, da reciclaxe e da reducción. A campaña profunda nos beneficios de comprar a granel, de empregar bolsas reutilizables, usar as dúas caras do papel, ducharse en lugar de bañarse, pechar a billa ao lavar os dentes ou regar no atardecer ou no mencer...Tamén en canto á reducción a concellería pon o acento no proveito de utilizar lámpadas de baixo consumo e apagar os equipos.

Fala tamén da reutilización de materias primas como empregar a traseira do papel escrito, de reutilizar o papel de aluminio e xa nos residuos darlle distintos usos as bolsas, as botellas ou aos botes. Ademáis a reciclaxe é outro dos piares para traballar a prol do medioambiente.

En definitiva esta concellería lembra que cada cidadán pode contribuir co seu gran de area e que todo é cuestión de asumir uns costumes para mellorar o futuro.
Descargar todas as imaxes